O Celta organiza un Clinic de Nadal en Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
27 Dec 2020

A Fundación Celta e o Celta Academy organizan en Burela o Clinic de Nadal 2020 by Cabreiroá.

A xornada, con prazas limitadas, celebrarase o 30 de decembro no Campo de fútbol A Marosa. Unha actividade onde os rapaces e rapazas convivirán e traballaran cos valores do deporte a través do fútbol máis celeste.

Os xogadores e xogadoras que se inscribiran deberán levar roupa e calzado deportivo cómodo ou botas multi-taco en caso de telas.

0.11993288993835