O Centrad ofrece un curso de teceduría da man das Mulleres Rurais de San Bartolomé de Ínsua

TerraChaXa | LugoXa
O Centro de Artesanía e Deseño ofrece un curso de teceduría de 200 horas de formación, que comezarán o 1 de setembro
tear centrad lugo
tear centrad lugo
8 Ago 2022

O Centro de Artesanía e Deseño convoca un curso de teceduría, da man de Lourdes Otero da Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomé de Ínsua (Vilalba) e da firma artesá Fusaiola.

As persoas participantes afondarán na montaxe e no manexo de teares de baixo lizo, comezando por coñecer as distintas pezas do tear, o seu nome e funcionalidade, para aprender logo a urdir, embeñar e facer as mazorgas para introducilas na lanzadeira, e finalmente empezar a tecer.

O curso, no que se empregarán os teares cos que conta o Centro de Artesanía e Deseño, impartirase do 1 de setembro ao 14 de novembro, sumando un total de 200 horas de formación. As inscricións están abertas ata o 19 de agosto. As persoas interesadas deben enviar a solicitude ao enderezo electrónico info.centrad@deputacionlugo.org, indicando nome, dni, enderezo  e contacto.

0.17763090133667