O Centro Colaborativo de Friol acolle este sábado un novo obradoiro de coiro e cubrecalzado

TerraChaXa
O obradoiro está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou afondar nas técnicas básicas deste oficio tradicional
obradorio-coiro-castonela
20 Feb 2026

O Centro Colaborativo de Friol acollerá este sábado, 21 de febreiro, a partir das 16:30 horas, unha nova edición do obradoiro de coiro e cubrecalzado organizado pola asociación A Castronela. A actividade dará continuidade a esta proposta formativa centrada no traballo artesanal do coiro.

O obradoiro está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou afondar nas técnicas básicas deste oficio tradicional, ofrecendo a oportunidade de coñecer de primeira man o proceso de elaboración de pezas en coiro e o manexo das ferramentas específicas empregadas neste tipo de traballos.

As prazas para participar son limitadas, polo que será necesario realizar inscrición previa a través do teléfono 676 090 056. Desde a organización animan tamén ás persoas socias a trasladar a información a quen poida estar interesado en participar nesta actividade, mesmo no caso de non formar parte da entidade.

⚙ Configurar cookies
0.078869104385376