O Centro Comercial Aberto de Foz entregou os premios do Concurso Nadal
O Centro Comercial Aberto de Foz entregou os premios aos gañadores do Concurso de Escaparates e Fachadas, que foi convocado no Nadal.
O xurado decidiu que o primeiro premio fose para Pastelería Amarena, o segundo para Electricidad Núñez e o terceiro para Viajes Rodríguez. E Monda Proxectos obtivo o premio á mellor fachada. Os donos e donas destes establecementos recibiron como agasallos un diploma e unha figuriña conmemorativa, que lles foron entregadas polo presidente, polo vicepresidente e pola secretaria de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo, José Ginzo e Olaya Pedrosa.
O escaparate de Pastelería Amarena foi tamén o máis votado a través da páxina de facebook do Centro Comercial Aberto de Foz. Neste caso coincidiron as opinións do xurado e do público.
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza neste mes de xaneiro un ciclo de conferencias titulado Impulsa o teu negocio. Están dirixidas a autónomos e empresarios.
O poñente é Alberto Ferreiro, empresario, conferenciante, mentor e formador de emprendedores, autónomos e empresarios con máis de quince anos de experiencia no mundo dos negocios.
A primeira charla, ¿Es escravo ou dono do tu negocio?, tivo lugar o pasado luns. E a segunda será o 28 de xaneiro na Casa da Cultura ás 20:30 horas. Esta leva por título Cómo converter o teu negocio nunha empresa de éxito. Nela poñerase o foco sobre os puntos máis importantes que determinan hoxe en día o éxito dunha empresa, e non soamente referido á conta de resultados senón a acadar un estilo de vida que permita disfrutar ao máximo dos proxectos tanto profesionais como persoais.