O Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza varias actividades polo Nadal

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 Dec 2019

O Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza varias actividades arredor do Nadal.

Así, desde o 5 de decembro haberá un concurso de decoración de escaparates e abetos polas rúas da vila. Ese mismo día inaugurarase o Árbol Xigante ás 19 horas.

Tamén do 5 de decembro ao 6 de xaneiro poderase participar no concurso Sube o teu selfie no que se entrará nun sorteo dunha cea para dúas persoas.

Do 12 ao 14 de decembro haberá a Ruleta do Nadal, que repartirá 2.000 euros en premios, e será a partir das 17.30 horas.

Do 20 ao 24 de decembro na praza Maior de 17.30 a 20.30 poderase visitar a Casiña de Papá Noel.

O día 23 o coro Tempus Fugit cantará panxoliñas polas rúas desde ás 18.30 horas.

Xa por último, o día 4 de xaneiro haberá un sorteo de tres soldos de 1.200 euros ás 21 horas na praza Maior.

0.13177585601807