O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba celebra o Entroido a fin de semana

TerraChaXa
O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba recupera a actividade esta fin de semana coa celebración das festas de Entroido.
entroido centro cultural e recreativo vilalba portada
entroido centro cultural e recreativo vilalba portada
13 Feb 2023

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba volverá celebrar a fin de semana as festas de Entroido, que darán comezo o venres 17, ás 22.30 horas co sorteo da tradicional cesta de produtos de Entroido para os socios e socias, sesión na que haberá filloas con cacheira e orellas.

O sábado 18 terá lugar a festa infantil con música, xogos, música, globoflexia e merenda a partir das 17.30 horas. Será unha gran celebración para os pequenos, que contarán con monitores para o coidado e realización de actividades.

Pola noite será a quenda dos adultos, co baile, amenizado polo dúo Venus e con agasallos para os disfraces máis orixinais.

O aforo estará restrinxido ás medidas sanitarias actuais.

entroido centro cultural e recreativo vilalba
0.096834182739258