O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba presenta o primeiro campionato de tute
O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba celebrará o venres 31 de xaneiro o seu I Campionato de Tute, un evento que combina a competición co desfrute dun ambiente social e gastronómico.
O torneo dará comezo ás 20:00 horas coa recepción dos participantes e iniciará oficialmente ás 20:30, cun acompañamento de pinchos á vontade para todos os asistentes. O campionato contará cun máximo de 32 parellas participantes, cun custo de inscrición de 60 puntos por parella, e o prazo para anotarse rematará o 29 de xaneiro. No caso de non completarse o número total de parellas, os premios serán redistribuídos proporcionalmente.
En canto aos galardóns, o campionato premiará na clasificación xeral cun primeiro premio de 600 puntos, un segundo de 300 puntos, un terceiro de 150 puntos e un cuarto premio consistente nun xamón ibérico. Ademais, haberá unha fase de repesca que entregará un primeiro premio de 100 puntos, un segundo de 50 puntos, un terceiro con un botellón Torres X e un cuarto cun botellón de viño.
Para obter máis información ou realizar a inscrición, as persoas interesadas poden contactar a través do número 641 573 947.