O Centro Cultural e Recreativo vilalbés inicia o venres o programa de Nadal

TerraChaXa
A programación comezará ás 22.00 horas, cun sorteo da tradicional Cesta de Nadal, acompañado dun bingo popular
programa-centro-cultural-recreativo-vilalba
16 Dec 2025

O Centro Cultural e Recreativo presentou a súa programación de Nadal 2025, cun conxunto de actividades pensadas para fomentar a convivencia social e o lecer durante as festas. As propostas están dirixidas principalmente ás persoas socias, que poderán acudir acompañadas de ata dous invitados ou invitadas en cada unha das actividades.

A programación comezará o 19 de decembro, ás 22.00 horas, cun sorteo da tradicional Cesta de Nadal, acompañado dun bingo popular que incluirá diversas sorpresas para as persoas participantes, nun ambiente festivo propio destas datas.

O 31 de decembro celebrarase o Gran Baile de Fin de Ano, que dará comezo á 1.30 horas. A noite contará con cotillón e un DJ set con luces e espectáculo láser, co obxectivo de despedir o ano cunha proposta musical e de animación aberta á participación.

Xa no mes de xaneiro, o día 10 ás 17.00 horas, terá lugar unha festa infantil con xogos e música, pensada para o público máis novo. Durante a xornada repartiranse agasallos e ofreceranse churros con chocolate, poñendo o broche final á programación de Nadal.

Desde a entidade lembran que as persoas interesadas poden reservar mesa na cafetería do Centro Cultural e Recreativo para as distintas celebracións, co fin de garantir unha mellor organización e comodidade durante os eventos.

⚙ Configurar cookies
0.075777053833008