O Centro Cultural José Domínguez Guizán convoca a súa Asemblea Xeral de Socios

O Centro Cultural José Domínguez Guizán, entidade impulsora do Belén de Begonte, celebrará este sábado, 17 de xaneiro, a súa Asemblea Xeral de Socios. A xuntanza terá lugar no salón de actos do propio centro cultural, ás 11.30 horas en primeira convocatoria e ás 12.00 horas en segunda e definitiva.
Durante a sesión, a directiva dará conta do estado das contas correspondentes á campaña 2024-2025, así como do plan de actividades desenvolvido nese período. Ademais, presentarase un avance económico da campaña 2025-2026 e analizaranse as liñas xerais e as posibles accións previstas de cara á campaña 2026-2027.
A asemblea constitúe unha cita clave para facer balance do traballo realizado, compartir información cos socios e definir as próximas iniciativas dunha entidade de referencia na vida cultural de Begonte.