O Centro da xuventude de Vilalba reabre o prazo de inscrición para os Cursos e Xornadas de primavera 2019
O Centro da xuventude de Vilalba abriu un segundo prazo de inscrición para os seguintes Cursos e Xornadas, primavera 2019. Os cursos programados están dirixidos fundamentalmente á mocidade e abertos á participación de todos os interesados. Os cursos son de zumba fitness, pintura, debuxo, escola de xadrez, artes plásticas, fotografía dixital, aerobic e xornadas de cociña.
Para formalizar a inscrición nestes cursos, que son de balde, hai que acudir ao Centro da Xuventude. Pode solicitarse máis información no teléfono 982 828 340 polas tardes.
O prazo para inscribirse estará aberto, e no caso de ter máis solicitudes que prazas, abrirase unha lista de agarda, pero continuarase collendo solicitudes durante todo o curso en todas as actividades, por se xurdiran baixas ao longo do mesmo.