O Centro de Día de Begonte abrirá as súas portas o 20 de agosto

O vindeiro mércores 20 de agosto, ás 11:30 horas, o Centro de Día de Begonte, situado na parroquia de Baamonde, celebrará unha xornada de portas abertas dirixida a persoas interesadas en coñecer o centro e o seu funcionamento.
Durante esta sesión informativa, o equipo do centro ofrecerá detalles sobre os servizos dispoñibles, a dinámica diaria e os requisitos para solicitar praza. O obxectivo é facilitar información de primeira man ás persoas usuarias potenciais e ás súas familias, para que poidan valorar a posibilidade de acceder a unha praza neste recurso asistencial.
Para asistir á xornada é preciso inscribirse previamente, chamando aos teléfonos 982 398 004 ou 687 056 194.
Esta iniciativa busca achegar á veciñanza os recursos dispoñibles no ámbito dos coidados e da atención ás persoas maiores, promovendo un modelo de atención de proximidade e calidade no municipio de Begonte.