O centro de día de Begonte crea un grupo de apoio para familias de persoas con demencia

TerraChaXa
O servizo será gratuíto e estará a cargo do psicólogo do centro
grupo-de-apoio-persoas-demencia-begonte
22 Mar 2025

O centro de día de Begonte pon en marcha un novo grupo de apoio dirixido ás familias de persoas con demencia da comunidade. Esta iniciativa busca ofrecer orientación, acompañamento e un espazo de encontro para os coidadores e achegados que afrontan esta realidade.

O servizo será gratuíto e estará a cargo do psicólogo do centro. As sesións terán unha duración de 1 hora e 30 minutos.

Para obter máis información ou inscribirse, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 687 056 194 ou 982 39 80 04. Unha vez rexistradas, recibirán notificación sobre a data da primeira sesión.

A iniciativa pretende dar apoio emocional, ferramentas e recursos ás familias, mellorando así a súa calidade de vida e a das persoas coidadas.

⚙ Configurar cookies
0.19003295898438