O Centro de Día de Begonte impulsa a segunda edición de 'Anaquiños de Ilusión'

TerraChaXa
Trátase dunha iniciativa destinada a achegar agarimo e apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade do municipio durante o Nadal
centro-de-dia-de-begonte-actividade
9 Dec 2025

O Centro de Día de Begonte, situado en Baamonde, vén de poñer en marcha a segunda edición do proxecto Anaquiños de Ilusión, unha iniciativa destinada a achegar agarimo e apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade do municipio durante o Nadal. A acción desenvólvese en colaboración cos Servizos Sociais municipais e, de maneira especial, co Servizo de Axuda no Fogar.

Neste marco, repártense un total de 84 flores elaboradas a man con gancho, acompañadas doutros tantos calendarios personalizados para o ano 2026. Todos estes detalles foron confeccionados polas persoas usuarias do Centro de Día, que quixeron contribuír así a levar unha mensaxe de proximidade e afecto ás veciñas e veciños que máis o precisan nestas datas tan sinaladas.

⚙ Configurar cookies
0.074526071548462