O Centro de Día de Begonte organiza unha sesión de maxia con Roberto Lolo o mércores

TerraChaXa
A proposta busca ofrecer unha tarde diferente e chea de ilusión, tanto para as persoas usuarias do servizo como para quen desexe compartir con elas un momento de lecer e entretemento
Mago Roberto Lolo
2 Mar 2026

O Centro de Día de Begonte, situado na localidade de Baamonde, acollerá o este mércores 4 de marzo unha sesión de maxia a cargo do ilusionista Roberto Lolo. A actividade desenvolverase nas propias instalacións do centro a partir das 15.45 horas.

A proposta busca ofrecer unha tarde diferente e chea de ilusión, tanto para as persoas usuarias do servizo como para quen desexe compartir con elas un momento de lecer e entretemento. A iniciativa pretende fomentar a convivencia e crear un espazo de encontro arredor do espectáculo e da sorpresa.

A participación é gratuíta e as persoas interesadas poden inscribirse previamente chamando aos teléfonos 982 39 80 04 ou 687 05 61 94.

0.12145090103149