O Centro de Día de Cospeito convoca a segunda edición do concurso de postais

TerraChaXa
A data límite para a entrega será o 26 de decembro e haberá un único premio
concurso-postais-cospeito-2
5 Dec 2025

O Centro de Día de Cospeito organiza a segunda edición do Concurso de Postais de Nadal, dirixido a todas aquelas persoas que queiran expresar a súa creatividade nesta época festiva.

Cada participante poderá presentar unha única postal, escollendo entre dúas modalidades para enviala, a entrega presencial, achegándoa directamente ao Centro de Día de Cospeito, situado na Rúa Curros Enríquez S/N, Feira do Monte, ou electrónico, enviando unha fotografía da portada da postal ao correo electrónico cospeito.consorcio@igualdadebenestar.org.

Para que a participación sexa válida, a postal debe incluír o nome completo e o número de teléfono do autor ou autora. A creación deberá ter o formato dunha postal tradicional; non é necesario que o interior estea escrito, xa que só se valorará a imaxe exterior.

A data límite para a entrega será o 26 de decembro de 2025. O día 2 de xaneiro, as persoas usuarias do Centro de Día realizarán unha votación para escoller a postal gañadora, que estarán expostas no centro do 29 ao 31. O 3 de xaneiro darase a coñecer a persoa vencedora, publicándose a fotografía da postal na páxina web do Concello de Cospeito.

O concurso contempla un premio para a postal gañadora, que deberá recollerse presencialmente nas instalacións do Centro de Día.

⚙ Configurar cookies
0.076153039932251