O Centro de Saúde da Pastoriza recupera a totalidade do seu servizo médico

TerraChaXa
O centro queda restablecido cun cadro completo formado por tres médicos, un pediatra que acudirá dúas veces por semana, tres ATS e dúas PSX
centro-saude-pastoriza
21 Oct 2025

O Concello da Pastoriza anunciou que, despois de varios meses de xestións coa xerencia do Sergas, o Centro de Saúde de Pastoriza recupera plenamente a súa cobertura sanitaria. A praza que permanecía vacante por traslado foi cuberta en propiedade por un novo médico, e tamén se cubriu a substitución por baixa de enfermidade da doutora María Jesús, que será atendida por unha nova profesional médica.

Con estas incorporacións, o centro queda restablecido cun cadro completo formado por tres médicos, un pediatra que acudirá dúas veces por semana, tres ATS e dúas PSX, "o que permitirá mellorar a atención e reducir os tempos de espera", di o Goberno local.

Desde o Concello amósase satisfacción por esta mellora, "froito das xestións realizadas nos últimos meses", e agradécese ao Sergas a súa colaboración "para garantir unha atención sanitaria de calidade e continuada á veciñanza da Pastoriza", engaden.

⚙ Configurar cookies
0.084380865097046