O Centro de Saúde de Friol organiza un obradoiro sobre vacinación no adulto

LugoXa | TerraChaXa
Será este mércores 25 de febreiro, ás 13:30 horas e durante a sesión abordaranse cuestións como a relevancia, as recomendacións segundo a idade e os distintos grupos de risco
vacina-intranasal-gripe-nenos
21 Feb 2026

O Centro de Saúde de Friol acollerá este mércores 25 de febreiro, ás 13:30 horas, un obradoiro de educación para a saúde centrado na vacinación na idade adulta, unha actividade dirixida a informar á poboación sobre a importancia da inmunización ao longo da vida.

Durante a sesión abordaranse cuestións como a relevancia das vacinas na etapa adulta, as recomendacións existentes segundo a idade e os distintos grupos de risco, así como a desmontaxe de falsos mitos relacionados coa vacinación. A actividade será impartida polo persoal sanitario do propio centro.

O obradoiro contará cun máximo de 15 participantes, polo que as prazas son limitadas. As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición e obter máis información no mostrador do propio Centro de Saúde de Friol. A iniciativa está promovida polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

0.093454837799072