O Centro Recreativo Cultural de Vilalba prepara o Entroido para o día 28

TerraChaXa
O sábado 1 de marzo, a celebración continuará cunha festa infantil a partir das 16:30  ata as 20:30 horas
entroido-centro-recreativo-cultural
19 Feb 2025

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba xa ten todo preparado para celebrar o Entroido 2025 cunha programación chea de actividades para todas as idades. A festa arrancará o venres 28 de febreiro ás 22:00 h cun sorteo da cesta de Entroido entre os socios e socias do centro.

O sábado 1 de marzo, a celebración continuará cunha festa infantil a partir das 16:30  ata as 20:30 horas. Os máis pequenos poderán desfrutar de xogos, pintacaras, globoflexia, un inchable e unha merenda con chocolate e churros, todo da man de Larilandia.

Pola noite, a partir das 00:00 horas, a festa tomará outro ritmo co gran baile de Entroido, amenizado por un DJ e música en vivo a cargo de La Disquetera.

0.17281484603882