O centro social de Friol acolle unha reunión informativa sobre materia bancaria e financeira
TerraChaXa
O centro social de Friol acolle o sábado 13 de novembro unha reunión informativa sobre materia bancaria e financieira.
10 Nov 2021
O centro social de Friol acolle o sábado 13 de novembro unha reunión informativa sobre materia bancaria e financieira. Falarase do consumo responsable dos tipos de contas bancarias, as comisións, créditos, tarxetas, hipotecas e avais.
A actual problemática de peche de sucursais e como poder facer xestións básicas na banca electrónica ou no caixeiro.
A charla será ás 11.00 horas e despois dela haberá espazo para as pregruntas dos participantes.