O centro urbán de San Cibrao foi obxecto de actos vandálicos
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo interpuxo unha denuncia por uns supostos actos vandálicos acontecidos no centro urbán de San Cibrao.
23 Xul 2019
O Concello de Cervo interpuxo unha denuncia por uns supostos actos vandálicos acontecidos no centro urbán de San Cibrao.
Dende a alcaldía confirman que xa se deu parte á Garda Civil que segue de preto a pista da persoa ou das persoas responsables dunhas pintadas que aparecen repetidamente en diferentes puntos da vila
O alcalde, Alfonso Villares, afirma que “son atentados contra o mobiliario público inaceptables, que supoñen un gasto importante para as arcas públicas; actos delituosos e totalmente reprobables que non podemos tolerar”, aínda que están por precisar as contías das perdas.