O Cercud de Baamonde organiza esta fin de semana a limpeza do río
Este domingo 24 de setembro, a organización ecoloxista Adega e Proxecto Ríos mobilizarán milleiros de voluntarios e voluntarias que se mollarán polos ríos e acudirán á XVI edición da Limpeza Simultánea de Ríos galegos, para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
Dentro da provincial de Lugo haberá unha actuación a cargo do Cercud de Baamonde, que se encargará da limpeza da propia praia fluvial a partir das 11.00 horas.
O Proxecto Ríos, coordenado en Galicia por Adega, é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Conta co apoio de Augas de Galicia e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.