O CERCUD organiza a segunda edición do curso de cestaría coa colaboración do CENTRAD
TerraChaXa
O colexio público de Baamonde acollerá un novo curso de cestaría da programación do CENTRAD da Deputación de Lugo organizado polo CERCUD.
28 Ago 2017
O colexio público de Baamonde acollerá un novo curso de cestaría da programación do CENTRAD da Deputación de Lugo organizado polo CERCUD.
Este segundo taller desenvolverase entre os meses de setembro e outubro os luns e os mércores dende o 18 de setembro ao 11 de outubro.
Establecéronse dous grupos: un en horario de catro e dez a seis menos vinte e outro dende as seis menos vinte ás sete e dez.
As prazas son limitadas, pero os interesados poden consultar máis información e inscribirse a través da páxina de facebook do CERCUD ou a través do seu enderezo electrónico: contacto@cercud.es.