O Certame de debuxo infantil do Belén de Begonte concedeu 16 premios

TerraChaXa
[Best_Wordpress_Gallery id="44" gal_title="Premios debuxo nadal Begonte 2019"] O xurado da XLIII edición do Certame de debuxo infantil sobre o Nadal convocado polo centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, fixo público o listado de gañadores.
1.  Adam Choraifi Salmi Jdiyaa
11 Xan 2019

[Best_Wordpress_Gallery id="44" gal_title="Premios debuxo nadal Begonte 2019"]

O xurado da XLIII edición do Certame de debuxo infantil sobre o Nadal convocado polo centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, fixo público o listado de gañadores.

Dividido en dúas categorías, establecéronse varios primeiros e segundos premios. No grupo dos máis pequenos, ata dez anos, os primeiros premios foron para Adam Choraifi Salmi Jdiyya (7 anos, de Foz), Arón Otero Sixto (8 ano, de Begonte) e Juan Diego Rojas Guerra (7 anos e tamén de Foz).

Os segundos premios foron para Lucy Ruth Harslip (10 anos, de Begonte), Jimena Fernández-Reinante Pérez (10 anos, de Reinante), Leire Couto Barreira (8 anos, de Foz), Xianan Estúa Otero (8 anos, de Lourenzá) e Laura Veliz Flores (10 anos, de Lugo).

Na categoría de rapaces entre 11 e 15 anos, os primeiros premios recaeron en Emma Reigo Eiroa (15 anos de Viveiro), David Abuín Fernández (11 anos, de Lugo) e Daniel Ramos González (12 anos, tamén de Viveiro).

Nesta categorías os segundos premios foron para Julia Silvent Maseda (de 13 anos, de Viveiro), Concepción Jiméndez Salazar (15 anos, de Begonte), Alejandra Leal Dablanca (15 anos de Viveiro), Sofía Cruz Suárez (11 anos, de Begonte) e Pablo Castaño López (11 anos, de Lugo).

Ao certame concorriron un total de 125 traballos (96 da Categoría A e 29 na categoría B). Os primeiros premios están dotados con 60 euros e trofeo, e os segundos, con 30 euros e trofeo. estes serán entregados o próximo 26 de xaneiro, sábado, no decurso do acto de clausura do Nadal de Begonte.

O xurado estivo formado por Jesús Domínguez Guizán, Jesús Veiga Sangiao e Manuel Gulín Rodríguez.

0.17366003990173