O Certame escolar da Festa da Filloa xa ten gañadores
A organización da Feira da Filloa fixo públicos xa os nomes dos gañadores no XIX edición do Concurso da Filloa de Muimenta, dirixido a escolares ata os 18 anos.
En total este ano se presentaron 162 traballos, 123 debuxos e 39 relatos. A comisión decidiu entregar oito premios en cada unha das dúas especialidades.
Así, na categoría de ata 6 anos, só houbo premio para os debuxos. Resultou gañadora Sandra Méndez Soto do CEIP Ramón Falcón, seguida de Erika Folgueira Rodríguez, do CEIP Muimenta, e Iker López Cortón, do Ramón Falcón.
No grupo de idade de 7 a 9 anos, en debuxo os gañadores foron Naiara Fernández Calvo, de Meira; David González Rancaño, de Muimenta, e Carla Anido Irimia, do Ramón Falcón. En relato os premios foron para Aroa García Fernández e Marc Aubés Rodríguez, ambos os dous de Meira.
Na categoría de 10 a 12 anos, gañaron en debuxo Diego Montenegro Rivas, do Mato Vizoso, e Oliver Teijeiro, de Cospeito. En relato os recoñecementos foron para Iria Castrillón López, da Pastoriza; Mencía Eirós Vega, de Meira; Lucía García Sandamil, da Pastoriza, e Mara Eiros Vega, de Meira.
Finalmente, na categoría de 13 a 18 anos os premios en relato foron para Daniela Acebedo Tornego, da Pastoriza, e Andrea Folgueira Fernández, de Cospeito.