O Certame Vilariñas amplía a participación aos escolares
A Nova Poesía Guitírica e a Lareira de Soños convocan a VII edición do Certame Vilariñas no que poden participar todos os escritores/as que queiran. A participación neste concurso é completamente de balde. Ademais, por primeira vez, amplíase a convocatoria para que participen os escolares.
Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
A temática será libre e cada participante poderá enviar un máximo de un micropoema que debe estar escrito en galego en calquera das normativas ou en portugués e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluír o título. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesia Guitirica. A organización non correxirá nin modificará os textos dos poemas. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe se así o quixese o autor.
Admitiranse obras ata o día 3 de maio deste mesmo mes.
A organización do concurso resérvase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respecto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contido do poema. Os integrantes da NPG só poderán colaborar quedando sempre fóra de concurso, por formaren parte do xurado e do grupo poético organizador. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.
Os micropoemas participantes, integrarán unha antoloxía, e entre eles escollerase aos tres gañadores do premio que consistirá no trofeo Vilariña deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obras presentadas na web poético-literaria http://
A edición da antoloxía na web poética será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidados no III Festival de Poesía Guitirica.
ESCOLARES
Este ano amplíase a participación ao sector escolar para os alumnos do IES Basanta Silva de Vilalba, o IES Díaz Castro de Guitiriz e o CEIP Lagostelle de Guitiriz. Establécense dúas categorías, diferenciando entre maiores e menores de 15 anos e sempre menores de 18.
Haberá un premio para cada un dos centros convocantes do certame. Todos os traballos deberán levarse ao CEIP Plurilingüe Lagostelle antes do 3 de maio.