O Ciclo de Música volve ás prazas de Vilalba

TerraChaXa
O Concello de Vilalba celebrará este verán a segunda edición do Ciclo de Música na praza co obxectivo de dinamizar os catro lugares de reunión do concello vilalbés durante os meses de verán.
ciclodemusica
29 May 2018

O Concello de Vilalba celebrará este verán a segunda edición do Ciclo de Música na praza co obxectivo de dinamizar os catro lugares de reunión do concello vilalbés durante os meses de verán.

Esta iniciativa, que tivo un gran éxito o pasado ano, ampliará horarios e extenderase durante todas as fins de semana de xuño, xullo e agosto con concertos venres, sábados e domingos con distintas propiedades e características, horarios e lugares.

Así, os venres os concertos serán as 20.30 horas e terán versarán sobre música de clásicos populares. Os sábados, as sesións musicais comezarán ás 22.00 horas e estarán máis centradas no rock e na música máis moderna.

Por outra banda os domingos, só haberá actuación un ao mes, os concertos serán as 13.00 horas na praza da Constitución, onde actuarán as bandas de música con temas propios da sesión vermú.

A organización programou para esta ocasión 20 actuacións musicais, repartidas entre as prazas de Santa María, Constitución, Coronel Pena e San Juan, nas que haberá unha ampla presenza de grupos e músicos formados en Vilalba e noutros lugares da Terra Chá.

No caso de choiva ou mal tempo, as actuacións dos venres e sábados transladaranse ao Centro Cultural Recreativo e as do domingo ao Auditorio.

Consulta a programación neste enlace

0.17857003211975