O ciclo de Teatro do Outono de Alfoz abarca do 1 ao 6 de setembro, a razón dun grupo por día
O ciclo de Teatro de Outono de Alfoz congregará a seis grupos, con seis obras diferentes e durante seis días, xusto antes das festas patronais alfocenses. Será no centro sociocultural da localidade, normalmente e falta de confirmación horaria, a partir das 19 horas.
O vindeiro 1 de setembro, actuarán os locais, Os Pícaros da Lagoa, que subirán ao escenario para representar a obra 'Asilo por compasión'.
Ao día seguinte, a agrupación de teatro afeccionado da Pontenova desplegarán o seu talento en Alfoz coa súa nova función titulada 'O achado do Castro'.
O 3 de setembro será o turno dos Axóuxeres da parroquia focense de Vilaronte sobre unha comedia de enredo titulada 'Un divorcio no pobo', dirixida por Benito García Bolaño.
O Bordelo, de Cervo, acudirá a esta mostra teatral alfocense coa función 'Toluras de proveito' o día 4 de setembro.
Touporroutou, de Foz, subirá ao escenario alfocense para representar a 'Comedia Bífida' e para rematar o ciclo, o broche de ouro ao evento poráo o grupo teatral A Adala da parroquia focense de Fazouro.