O Ciclo Mestre Mateo continúa en Meira este mércores con curtas de animación

Este mércores, 25 de xuño, a Casa da Cultura de Meira acollerá a segunda sesión do Ciclo Mestre Mateo 2025, un evento que, como todos os anos, busca achegar ao público o mellor do cinema galego contemporáneo.
Nesta segunda entrega proxectaranse cinco curtas de animación. Avetimología, do director Xosé Zapata; Noites de prata, da directora Soraya Antelo; Sinapse, de Carlos Cuesta; Eu vou comigo, de Chelo Loureiro, e Platónico, Platónica, de Xacio Baño.
Este ciclo, que se celebra todos os anos en Meira, continuará durante o verán para proxectar os films gañadores e finalistas deste certame.
A cita será ás 21:30 horas, e está organizada pola Asociación Cultural M de Meira co apoio da Academia Galega do Audiovisual, o Concello de Meira e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Unha oportunidade única para gozar do talento audiovisual galego e apoiar o cinema feito na nosa terra.