O Ciclo Mestre Mateo continúa en Meira este mércores con 'Fimei paxaros voando'

TerraChaXa
Poderá verse na Casa da Cultura a partir das 21.30 horas
filmei-paxaros-voando
21 Jul 2025

Este mércores, 23 de xullo, a Casa da Cultura de Meira acollerá unha nova sesión do Ciclo Mestre Mateo 2025, un evento que, como todos os anos, busca achegar ao público o mellor do cinema galego contemporáneo.

Nesta entrega proxectaranse o film +Filmei paxaros voando, da directora Zeltia Outeiriño.

Despois de 20 anos vivindo en Barcelona, Zeltia volta a Galicia para filmar a memoria do seu admirado tío Antonio, un artesán téxtil galeguista gai que viviu intensamente nos anos 80. Este retorno provoca o reencontro coa súa nai Socorro, unha muller moi conservadora á que Zeltia rexeitaba. O repentino empeoramento na saúde de Socorro cambia a mirada de Zeltia, que comeza un camiño de volta a casa complexo, pero tamén cheo de amor, coidados e sanación.

Este ciclo, que se celebra todos os anos en Meira, continuará durante o verán para proxectar os films gañadores e finalistas deste certame.

A cita será ás 21:30 horas, e está organizada pola Asociación Cultural M de Meira co apoio da Academia Galega do Audiovisual, o Concello de Meira e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

 

⚙ Configurar cookies
0.15696406364441