O Ciclo Mestre Mateo continúa en Meira este mércores con 'Honeymoon'

Este mércores, 2 de xullo, a Casa da Cultura de Meira acollerá a terceira sesión do Ciclo Mestre Mateo 2025, un evento que, como todos os anos, busca achegar ao público o mellor do cinema galego contemporáneo.
Nesta entrega proxectaranse o film Honeymoon, do director Enrique Otero. Eva e Carlos son un matrimonio en destrucción. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, os mantén unidos. Quizais unidos non sexa a palabra. Agora Jonás acaba de morrer nun accidente absurdo a miles de kilómetros da casa, nos Estados Unidos, durante unha visita aos avós paternos, e a Eva e Carlos xa non os une nada. Só a necesidade case física de repatriar o cadáver do seu fillo. Só a necesidade case física de perderse de vista, e para sempre, despois.
Este ciclo, que se celebra todos os anos en Meira, continuará durante o verán para proxectar os films gañadores e finalistas deste certame.
A cita será ás 21:30 horas, e está organizada pola Asociación Cultural M de Meira co apoio da Academia Galega do Audiovisual, o Concello de Meira e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.