O Ciclo Mestre Mateo continúa en Meira este mércores con 'Prefiro condenarme'

Este mércores, 30 de xullo, a Casa da Cultura de Meira acollerá unha nova sesión do Ciclo Mestre Mateo 2025, un evento que, como todos os anos, busca achegar ao público o mellor do cinema galego contemporáneo.
Nesta entrega proxectaranse o film Prefiro condenarme, da directora chairega Margarita Ledo.
A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, confróntanos cunha nai díscola, unha órbita familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, por mor dunha filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Tal unha nova Antígona, Sagrario colócase fóra da regra e ao desobedecer reivindica, canda a lei non escrita, o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.
Este ciclo, que se celebra todos os anos en Meira, celébrase durante o verán para proxectar os films gañadores e finalistas deste certame.
A cita será ás 21:30 horas, e está organizada pola Asociación Cultural M de Meira co apoio da Academia Galega do Audiovisual, o Concello de Meira e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.