O ciclo Mestre Mateo continúa en Vilalba con 'A Virxe Roxa'
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental A Virxe Roxa, de Marcos Nine, gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor película documental.
Esta primeira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 16 de marzo de 2022, ás 20:00 horas.
A sipnose sitúase en xuño de 1933, cando un suceso conmociona á España da época: Aurora Rodríguez Carballeira acaba coa vida da súa propIa filla de 18 anos de 4 disparos. Non se trataba dunha moza calquera. Hildegart Rodríguez era unha nena prodixio da política, unha precoz intelectural e pioneira do feminismo en España. O mito de Frankestein faise realidade nunha España ás portas da guerra civil.
A entrada será de balde pero haberá que realizar a correspondente reserva na páxina do Concello ou na casa da cultura de Vilalba.