O ciclo Mestre Mateo de Meira continúa coa proxección de 'Chichi e máis eu'
A Asociación cultural M de Meira, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Meira, organiza a proxección da película Chichi e máis eu, continuando así co Ciclo Mestre Mateo que brinda a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.
A proxección terá lugar na casa da cultura de Meira este domingo 24 de novembro, ás 21.30 horas.
SINOPSE
Cando alguén morre, sempre quedan preguntas sen facer. Aquí percorremos a vida e obra de Xesús Chichi Campos, pioneiro do cómic galego, loitador antifranquista, galerista e humorista. Unha das figuras más esquecidas da cultura galega e que, cando morreu, deixou un fillo que só tiña once anos e moitas preguntas que, trinta anos despois responde neste documental.