O ciclo Mestre Mateo de Meira remata coa proxección de 'Matria'

TerraChaXa
Esta terá lugar o domingo na casa da cultura, ás 21.30 horas
Matria-peli
7 Dec 2024

A Asociación cultural M de Meira, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Meira, organiza a proxección da película Matria, poñendo así fin ao Ciclo Mestre Mateo que brindou a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

A proxección terá lugar na casa da cultura de Meira este domingo 8 de decembro, ás 21.30 horas.

SINOPSE

Ramona vive nun pobo de Galicia sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredecible. Sempre sacrificando todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara dentro e a pensar que, talvez, teña algo novo polo que vivir.

Foi premiada, por este filme, a súa protagonista no Festival de cine de Málaga e tamén nominada tanto nos premios Feroz coma nos premios Goya. Ademáis, tamén foi nominado nos premios Goya o seu director, Álvaro Gago.

0.16379594802856