O Ciclo Mestre Mateo levará este mércores a Meira a película "Xustiza Artificial"

Este mércores 13 de agosto ás 21:30 horas, a Casa da Cultura de Meira acollerá a próxima proxección do Ciclo Mestre Mateo, coa película "Xustiza Artificial", dirixida por Simón Casal.
A película presenta un futuro no que o goberno español propón un referendo para aprobar un sistema de intelixencia artificial na Administración de Xustiza. Este sistema promete automatizar e despolitizar a xustiza, substituíndo na práctica a xuíces e xustizas en todos os tribunais do país. A convocatoria electoral xera un forte enfrontamento entre o Goberno, aliado coa empresa tecnolóxica creadora do sistema, e a carreira xudicial, que defende o carácter humano da xustiza.
A trama segue a Carmen Costa, unha recoñecida xuíza invitada a participar no desenvolvemento do proxecto. Non obstante, a misteriosa desaparición de Alicia Kóvack, creadora do sistema, espertan as súas sospeitas e lévaa a descubrir unha posible conspiración para controlar o país desde o sistema xudicial.
A proxección está organizada pola Asociación Cultural M de Meira, en colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello de Meira e a Academia Galega do Audiovisual.