O Ciclo Mestre Mateo regresa a Meira co mellor do cinema galego

Este mércores, 18 de xuño, a Casa da Cultura de Meira acollerá a primeira sesión do Ciclo Mestre Mateo 2025, un evento que, como todos os anos, busca achegar ao público o mellor do cinema galego contemporáneo.
Nesta primeira entrega proxectaranse tres curtametraxes de imaxe real, cunha duración total aproximada dunha hora. Son Nai, do director Tito Refoxo, Véxote, dirixida por Óscar Pardo e Pura, da directora Carmen Méndez.
Este ciclo, que se celebra todos os anos en Meira, continuará durante o verán para proxectar os films gañadores deste certame.
A cita será ás 21:30 horas, e está organizada pola Asociación Cultural M de Meira co apoio da Academia Galega do Audiovisual, o Concello de Meira e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Unha oportunidade única para gozar do talento audiovisual galego e apoiar o cinema feito na nosa terra.