O ciclo Mulleres Galegas do Iescha continúa con Juana de Vega

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 15 de setembro de 2023, na casa da cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, un coloquio sobre a figura de Juana de vega, a cargo de Xosé Ramón Veiga Alonso, autor do libro Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872)”, Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre.
charla mulleres galegas juna de vega portada
12 sep 2023

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 15 de setembro de 2023, na casa da cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, un coloquio sobre a figura de Juana de vega, a cargo de Xosé Ramón Veiga Alonso, autor do libro Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872)”, Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre. Presentará o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Esta será a sexta conferencia correspondente ao ciclo Mulleres Galegas, programado polo Iescha para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de Germán Castro, que falou da científica galega Ángeles Alvariño; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por Vanesa Siso e levaba por título A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”; a terceira, no mes de abril, impartida por Luz Darriba co título Para reter a auga. Conversas ao redor de María Casares”; a cuarta, a cargo de Ricardo Polín, no mes de maio, titulada A que fía, ama e ora. Estampas da muller tradicional na literatura de costumes (e no gravado antigo), e a quinta, no mes de xuño, impartida por Marta Collazo, Achegas feministas no itinerario de exeria.

Xosé Ramón Veiga Alonso é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Premio Extraordinario (1998), coa tese O conde de Pallares e o seu tempo, 1828 - 1908. Política, ferrocarrís e agrarismo en Galiza, dirixida polo profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández. Na actualidade é profesor na Escola de Maxisterio de Lugo, sendo profesor titular do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC. As súas liñas de investigación son: historia política, historia agraria.

Ana Cabana Iglesia é profesora titular do Departamento de Historia, doutora en Historia pola Universidade de
Santiago de Compostela (Premio Extraordinario de Doutoramento, 2006), profesora da Área de Historia
Contemporánea do Campus de Lugo da USC dende 2003 e membro do Centro Interuniversitario de Investigación das Paisaxes Culturais Atlánticas (CISPAC) e do Centro Interdisciplinar de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero (CIFEX) da USC. Realizou estadías en diversos centros de investigación como a Universidade Nova de Lisboa, o Cañada Blanch Center for Contemporary Spanish Studies (London School of Economics and Political Science (Londres), a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. As súas liñas de investigación prioritarias son o estudo das actitudes sociais durante a ditadura franquista, a análise da conflitividade rural durante o franquismo e a transición á democracia, e a historia da muller e o xénero aplicado á sociedade rural do século XX.

Marta Veiga Izaguierre é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela —USC—
(2000) e Máster en Servizos Culturais pola mesma universidade (2016). Foi profesora asociada da área de Xornalismo do Departamento de Ciencias da Comunicación da USC. Así mesmo, é doutorando no programa de Estudos Culturais: Memorias, Identidades, Territorios e Lingua, tamén da USC. Traballa como xornalista dende 1998 . Actualmente compaxina a súa investigación na USC coa súa profesión de xornalista autónomo. É colaboradora en varios diarios e desde 2015 é autora e membro do comité editorial da revista Luzes.

charla mulleres galegas juna de vega
0.24687910079956