O Cicuíto da Pastoriza acolle unha das probas do VF Challenge Moto Race
TerraChaXa
O Circuíto da Pastoriza acolle esta fin de semana unha nova proba da CF Challenge Moto Race, un trofeo federado de ámbito social que se celebra nos distintos circuítos de Galicia con probas puntuables para o Campionato Galego de Velocidade, o Campionato de Asturias de Velocidade e o Trofeo Ibérico de Supermoto.
14 Xuño 2019

As probas desenvolveranse nas distintas categorías con cronometraxe profesional en GP Sport, minimoyos, supermoto, minivelocidade, motos clásicas e minimotard adultos. O circuíto conta cunha distancia de 1-250 metros.
Está prevista a participación de preto dun centenar de especialistas do motor nas distinats categorías.
O mesmo circuíto continuará nas Pontes o 14 de xullo e en Outeiro de Rei o 8 de setembro.