O CIFP Porta da Auga acolle un webinar sobre marketing dixital

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O vindeiro martes,  27 de outubro, a experta en marca persoal e Verónica Ramallal (CEO de Pekecha) será a encargada de impartir unha masterclass para o alumnado do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, a través dun webinar que será retransmitido ás 9:30 da mañá e que terá unha duración aproximada de 90 minutos.
image_gallery 1
25 Oct 2020

O vicedirector do centro, Adrián López, explica que “os participantes poderán coñecer novas estratexias para enfrontarse ó mercado laboral de forma eficaz nun contexto tan complexo e cambiante como o que actualmente nos está tocando vivir”.

Esta formación será gratuíta e o CIFP Porta da Auga dispón dun número de prazas limitado para as persoas alleas ó centro, por iso toda aquela persoa que estea interesada poderá obter máis información accedendo á nova páxina web do Porta da Auga (www.portadaauga.es) e inscribirse a través da mesma accedendo ao seguinte enlace: www.portadaauga.es/webinars.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16875982284546