O CIFP Porta da Auga de Ribadeo organiza unha xornada técnica sobre sistemas de illamento en vivendas

TerraChaXa | AMariñaXa
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, organiza unha xornada técnica sobre sistemas de illamento en vivendas, que terá lugar este venres, 5 de abril, a partir das 17:00 horas.
4 Abr 2019

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, organiza unha xornada técnica sobre sistemas de illamento en vivendas, que terá lugar este venres, 5 de abril, a partir das 17:00 horas. A actividade, impartida pola empresa Soluciones Técnicas de Cerramiento, está dirixida a profesionais da construción e ao público en xeral.
O responsable do departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, anuncia que “o venres imos ter no departamento de Edificación e Obra Civil do Porta da Auga unha xornada técnica á que vai vir unha empresa do sector da construción que se chama Soluciones Técnicas de Cerramiento. Esta firma vai presentar novos materiais e produtos para o illamento de cámaras de aire en vivendas. Este tipo de material úsase habitualmente en vivendas que xa teñen algo de tempo e que non contan con ningún tipo de illamento na cámara ou o illamento que ten é moi sinxelo, entón proxéctase cun tipo de material que nos van presentar”.
José Méndez de Andés engade que “o venres, día 5, vaise facer a presentación e ás sete da tarde vai haber, no salón de actos, unha charla técnica sobre o produto que vai presentar a empresa”.
O xefe do departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga sinala que “esta actividade vai dirixida a todas aquelas empresas que se dediquen á construción e ao público en xeral. As persoas ás que lles interesen os illamentos ou teñan algún problema co illamento na casa poden pasar a ver estes produtos novos. A asistencia é libre e gratuíta para toda aquela persoa que queira pasar por aquí, a partir das cinco da tarde van estar os técnicos da empresa, e ás sete comezará a charla”.

0.18292307853699