O CIM móbil da Xunta visitou hoxe Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Este servizo é un recurso para prestar información, asesoramento, atención, orientación e acompañamento psicolóxico, social e xurídico, de forma ambulatoria
cim-movil-rabade
27 Mar 2026

O CIM móbil da Xunta de Galicia estivo hoxe diante do Concello de Rábade para presentar este novo servizo que acudirá ao municipio cada mes e medio. As súas responsables aproveitaron para manter unha reunión de traballo coa alcaldesa, Reme González, e coa traballadora social dos servizos sociais comunitarios, Ángeles Corral.

O servizo CIMs Móbiles é un recurso especializado da Xunta de Galicia para prestar información, asesoramento, atención, orientación e acompañamento psicolóxico, social e xurídico, de forma ambulatoria, en materia de violencia contra as mulleres.

0.11700010299683