O CIN de Bretoña amplía o seu horario de atención ao público

TerraChaXa
Estará aberto de martes a sábado de 10.00 a 19.30 horas con pausa ao mediodía
CIN-Bretona-nova-exposicion-decembro-2021-(11)
Unha imaxe do CIN
1 sep 2024

Despois de mes e medio funcionando de novo o Centro de Interpretación de Bretoña a días alternos, ampliouse o tempo de apertura.

Así, agora estará aberto de martes a sábado, de 10.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.30 horas. Despois, para calquera información ou reservas para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197.

O centro de interpretación ten o obxectivo do estudo e divulgación da historia do bispado dos bretóns de Gallaecia e do patrimonio do concello e terras da comarca en xeral.

Tamén abre a días alternos o novo Centro de Interpretación do Alto Miño, situado ante a lagoa de Fonmiñá.

0.14449691772461