O CIN de Bretoña inicia a programación do mes coa celebración dos Maios
O CIN de Bretoña ten deseñado un programa para o mes con propostas para maiores e pequenos, para creativos e curiosos.
Así, abrirase este domingo, 7 de maio, ás 11:30 horas co maio de Bretoña. Trátase dunha actividade para nenos na que se fará o propio maio. No mes das festas dos maios en Galicia, Bretoña terá na praza principal o seu maio. Quen poida, debe traer flores, xestas e folgueiras recollidas para colocalas ese día na estrutura preparada que quedará logo na praza durante o mes. Dende a organización lembran que non se pode recoller en Galicia musgo, teixo nin acivro xa que está prohibido.
O domingo seguinte, 14, ás 11:00 na praza do Concello da Pastoriza comezará a IV Edición de Camiñamos xuntos cunha andaina polos arredores de Pastoriza. O camiño é duns 6 km e 1 hora e media de duración. É recomendable levar auga e calzado cómodo.
O 21 de maio, ás 11:30 horas no CIN de Bretoña realizarase a actividade Coñecendo A Pastoriza. Actividade infantil na que se fará un mural artístico que poderá verse no centro sobre A Pastoriza. Os seus paisaxes, as súas xentes e o seu patrimonio. Non é necesario levar ningún material, só a imaxinación e as ganas.
Todas as actividades son gratuítas pero é necesaria a inscrición. Pódese facer a través do instagram (@cinbritonia), facebook (CIN de Bretoña), mail (cinbretona@gmail.com) ou chamando ao 636836250.