O CIN inaugura unha nova mostra histórica e programa dúas actividades

TerraChaXa
Outubro volve no CIN con propostas para todas as ideades, que buscan abrir o centro aos veciños e tamén a todos os visitantes.
inauguracicon exposicion pastoriza no tempo cin
18 Out 2022

Despois de pechar setembro cunha gran participación nas saídas e obradoiros, o mes de outubro volve no CIN con propostas para todas as ideades, que buscan abrir o centro aos veciños da Pastoriza, pero tamén a todos os visitantes que queiran apuntarse.

O 22 de outubro as 18:00 farase un dos proxectos máis esperados, a inauguración da exposición de fotografía antiga A Pastoriza no tempo. Xunto ás fotografías  que se atopan xa no centro da exposición dos anos 90 Bretoña no tempo, expoñeranse novas imaxes do pasado, esta vez doutras parroquias da Pastoriza.

Este proxecto ten como obxectivo iniciar un arquivo fotográfico e audiovisual, para salvagardar a historia e cultura popular do concello.

A mostra fotográfica conta con imaxes doadas por veciños e veciñas da Pastoriza, así como a Asociación de Veciños de A Rigueira ou a Xuntanza de Mulleres de Saldaxe. Pódense ver festas, procesións, xuntanzas, cursos ou unha pequena mostra dalgúns vehículos que se usaban antano.

OUTRAS ACTIVIDADES

Ademais da inauguración, pecharase o mes de outubro con outras dúas actividades. Seguindo a proposta de Camiñamos xuntos, iniciada o mes pasado coa ruta de Maeloc, o 29 de outubro farase a ruta da Mudia, que percorre paraxes das parroquias de A Rigueira, San Martiño de Corvelle e Loboso.

Ademais, o 30 péchase o mes cun novo taller infantil, O arte do pasado, cunha mañá de xogos no CIN de Bretoña.

As actividades son gratuítas pero é necesario inscrición previa (salvo a inauguración). Pode facerse achegándose o CIN de Bretoña (Praza do Campo da Igrexa, Bretoña), a través do teléfono (636 836 250), mail (cinbretona@gmail.com) ou Instagram (@cinbritonia).

actividades outubro cin bretona
0.14814901351929