O Cine Alovi das Pontes acollerá o espectáculo Pinocchio

TerraChaXa
O Concello das Pontes acollerá o espectáculo Pinocchio o vindeiro sábado 23 de abril no auditorio Cine Alovi ás 18.00 horas.
1 Pinocchio Ghazafellos
17 Abr 2022

O Concello das Pontes acollerá o espectáculo Pinocchio o vindeiro sábado 23 de abril no auditorio Cine Alovi ás 18.00 horas.

É unha adaptación libre da obra de Carlo Collodi por Pepablo Patinho. Teatro Ghazafelhos, coa colaboración de Rigoletto Teatro, deciden contarnos a historia de Pinocchio.

Un títere universal que nos enche de risa e emoción, e que agacha un segredo no seu corazón de bidueiro. Cunha posta en escena que combina os monicreques, o teatro, e música en directo abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de humor e sensibilidade.

A entradas están xa á venda en www.tickentradas.com ou tamén poderán comprarse unha hora antes da función no propio auditorio.

0.094989061355591