O cine de estrea continúa este mes nas Pontes
O cine de estrea continúa este mes nas Pontes tras o parón obrigado pola pandemia e o seu regreso o pasado mes de outubro.
A programación do mes de novembro arrancará coa proxección, este sábado 5 de novembro, ás 16:45 e 19.30 horas, do filme Black Adam, que volverá a proxectarse o domingo, á mesma hora da primeira sesión. O sábado, ás 22.15 horas será a quenda para a proxección do filme Argentina 1985 que tamén se poderá ver o domingo, ás 19:30 horas.
A seguinte fin de semana as películas que se proxectarán serán Padre no hay más que uno 3 (sábado e domingo, ás 17:00 horas) e Smile para o público adulto (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas).
A terceira fin de semana estarán en carteleira, para o público familiar, Los buscamundos (sábado e domingo, ás 17:00 horas) e para o público máis maior Los renglones torcidos de Dios (sábado, ás 19:00 e 22: 15 horas e domingo ás 19:00 horas).
Os días 26 e 27 de novembro será a quenda para Lili, mi amigo el cococdrilo (sábado e domingo, ás 17:00 horas) e No te preocupes querida (sábado, ás 19:30 e 22:15 horas e domingo ás 19:30 horas).