O Cine de Verán de Burela adía a película Mascotas 2 para o xoves

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Ciclo de Cine de Verán do Concello de Burela continúa coa súa programación proxectando en pantalla xigante a película animada Mascotas 2.
Captura de pantalla 2019 01 15 a las 11.16.28
19 Ago 2020

O Ciclo de Cine de Verán do Concello de Burela continúa coa súa programación proxectando en pantalla xigante a película animada Mascotas 2. “Aínda que estaba prevista para hoxe, debido ao mal tempo que hai anunciado, decidimos aprazala para o xoves, á mesma hora e no mesmo lugar”, explica o concelleiro de Cultura, José Díaz. A proxección de Mascotas 2 será o xoves, 20 de agosto, ás 22:30  horas na praza da Mariña.

A segunda parte da película Mascotas volve traer as trepidantes aventuras de Max, que se enfrontará nesta ocasión a importantes cambios na súa vida, como o matrimonio e a maternidade da súa dona. Max terá que aprender a dominar os seus medos grazas a axuda de Rooster, un can granxeiro que coñece nun viaxe familiar ao campo. Os amigos de Max tamén terán as súas propias andanzas. Gidget tratará de recuperar o xoguete favorito de Max dun apartamento repleto de gatos e Snowball embárcase nunha perigosa misión para liberar a un tigre branco chamado Hu dos seus captores nun circo de animais.

A entrada para esta nova proxección será de balde e deberán respectarse as normas de seguridade e hixiene pertinentes.

0.15490889549255