O Cine na rúa chega ao Centro Recreativo de Vilalba
O ciclo de cine na rúa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa con novas proxeccións de películas en galego que fan parada no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba.
Así este sábado, a partir das 18.00 horas poderá verse a película Bella e o circo máximo.
Ella Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos decidiron montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Ella Bella asombrará a todos cos seus números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un neno novo na veciñanza, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular, cegando a Henry.
As novas datas continúan coa xeira de proxeccións que se ven desenvolvendo desde o pasado 15 de agosto coa colaboración de asociacións e concellos nas diferentes comarcas, e que chegará ás 40 sesións ao remate do ciclo.