O Circo Chosco chega a Burela co seu espectáculo 'Riscando o ceo'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O venres 28 de agosto ás 20.
c3004eaa 26a0 44b1 9798 f5c28a72149b
21 Ago 2020

O venres 28 de agosto ás 20.30 horas chegará á praza do Concello de Burela o Circo Chosco co seu espectáculo Riscando o ceo.

Este espectáculo é para público familiar e está protagonizado por Óscar Páez que levará ao público a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabares, acrobacias e equilibrios imposibles.

Nun ton absurdo e reflexivo que fai que se reformule o esencial das cousas. Inspirado na incrible novela de El Principito - Antoine de Saint-Exupéry.

Un show de circo moi visual que emocionará a todo tipo de persoas a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés. A entrada será de balde.

0.077528953552246