O circuíto das Pontes acolle senllos campionatos de minivelocidade
TerraChaXa
O circuíto das Pontes acolle esta fin de semana e a próxima senllos campionatos de minivelocidade, galego e de España.
2 Ago 2022
O circuíto das Pontes acolle esta fin de semana e apróxima senllos campionatos de minivelocidade.
Así, os días 6 e 7 terá lugar o campionato galego que contará coas categorías Cup Dani Rivas, Minimonots 4.2, MiniGP 110 4T, Monto 5, SM 65 e SM 85.
A competición arrincará ás 10.00 horas ambos os dous días, con adestramentos na primeira xornada.
A continuación, a fin de semana do 13 e 14 será a sede do campionato de España da minivelocidade. Puro espectáculo con máis de 100 pilotos de entre 6 e 14 anos, novas promesas do motociclismo nacional.